ConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico cun ferido na N-120 no Barco

Tratábase dunha furgoneta que acababa volcada ocupando dous carrís da estrada e cuxo condutor resultaba ferido

Arredor das catro e media desta tarde de 15 de novembro producíase un accidente de tráfico na estrada N-120 ao seu paso polo municipio do Barco. Unha furgoneta saíase da vía e acababa volcada ocupando dous dos tres carrís que ten o vial nese punto.

Ata o lugar do sinistro, que tiña lugar nas proximidades dunha nave de castañas, desprazábanse de inmediato os efectivos do GES Valdeorras, os Bombeiros do Parque de Valdeorras, a Garda Civil de Tráfico e o 061. O ocupante da furgoneta, que resultaba ferido, era trasladado rapidamente ata o hospital.

Rozando as seis da tarde a furgoneta accidentada, que era un vehículo de aluguer, aínda permanecía volcada de lado sobre a calzada nese lugar. A estrada permenece aberta ao tráfico, que está sendo regulado pola Garda Civil de Tráfico. No lugar tamén continuaban os efectivos do GES Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button