Mañá venres día 6 de marzo ás 11:30h. a Asociación Proxecto Benito Losada presentará na Biblioteca da Casa da Xuventude de Ourense, agora Espazo Xove, a iniciativa de petición de apertura dun expediente de honra a Benito Losada por parte do Concello de Ourense, contando coa presenza de Millán Brea, autor da primeira tese sobre a Casa da Xuventude para documentar brevemente a historia da mesma derivada da xestión de Benito.
Ao acto están tamén convidados o alcalde de Ourense Agustín Fernández como presidente da Corporación municipal e os grupos políticos presentes na mesma “por representar a vontade popular tal cara ao noso amigo Benito que fixo dela o modelo de xestión da Casa da Xuventude de Ourense e aos que irá dirixida a solicitude” explican dende a fundación.