Dende a aldea de San Silvestre (San Xoán de Río) dábase a saída ás 16h. deste 31 de decembro á I San Silvestre de Río. Medio cento de persoas participaban nesta proba, moitas delas disfrazadas, que completaban o percorrido correndo e, nalgúns casos, camiñando.
O primeiro dos participantes en chegar á meta, situada na praza Pedro Fernández de San Xoán de Río, era o trivés Javier Vieites Manso, que completaba o circuíto nun tempo de 18 minutos. O subcampión era Iker Yánez Rodríguez (23 minutos) e o terceiro clasificado Tino Sierra (24 minutos). En cuarto lugar entraba Josiño Yánez (25 minutos) e no quinto Getxo Estévez Runner Getxo (26 minutos).
Dende a organización, en mans da Asociación Cultural RíoMola, cualifícase de “éxito” o resultado desta primeira edición da proba.
Fotos: A.C. RíoMola.