Dende aí iniciarán un percorrido pola vila que rematará na praza do Concello, onde serán recibidos polo alcalde
É, de seguro, un dos momentos máis esperados do Nadal para os máis pequenos. Un ano máis os cativos, acompañados polos seus familiares, encherán as rúas do Barco para recibir ás súas Maxestades de Oriente. A chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar está prevista para ás cinco da tarde na estación de autobuses da vila.
Aí, os Reis Magos, acompañados polos seus paxes, subíranse as súas carrozas e percorrerán a vila nunha longa cabalgata que concluirá na praza do Concello, onde serán recibidos polo alcalde e acostuman despois dirixirlle unhas palabras aos rapaces. Ademais tamén haberá algunha que outra sorpresa.
Dende esta mañá xa comezaban os preparativos desta cabalgata, por parte da Policía Local nas rúas da vila.