EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O botelo do Barco afiánzase na Coruña

Cheo na VI Festa do Botelo nesta cidade, celebrada o 16 de febreiro

Pleno anticipado na VI Festa do Botelo na Coruña, xa que dende o pasado mércores (no que se pecharon as admisións de reservas por terse completado o aforo), o cheo xa estaba garantido.

Estes resultados parecen indicar a consolidación desta festa, para a que un ano mas houbo que abrir lista de espera, o cal indica o interese crecente que vai calando nesta cidade.

O grao de satisfacción contrastado tras as consultas realizadas mesa a mesa, deixa constancia de que O Barco, Valdeorras e o seu botelo están cada vez máis presentes na memoria da xente (moita dela xa repetidora), que comenza a considerar esta comarca do sueste galego para visitar e coñecer.

Este ano no reverso da minuta (igual que no final do vídeo promocional) fíxose un descritivo para despexar dúbidas sobre as características que diferencian o botelo doutros produtos similares e doutras zonas, incidindo na identidade tanto deste manxar como de Valdeorras.

A próxima cita será en Vigo, como todos os anos, onde seguro que se producirá un novo éxito, continuando a expansión da imaxe de Valdeorras como referencia gastronómica e turística.

Texto e fotos: José Ángel Rodríguez Delgado.
Máis información:
https://osil.info/unhas-350-persoas-asisten-a-vi-edicion-da-festa-do-botelo-na-coruna/

Artigos relacionados

Back to top button