Coa proba dos 220 m.v. da categoría infantil (Sub14) comezaba na tarde do 1 de maio nas pistas barquenses de Calabagueiros a II Xornada previa de atletismo en pista “Xogade”. Nesta cita (inicialmente prevista para o 6 de abril, pero que tivo que aprazarse por mor do temporal de neve) reuníanse numerosos atletas das categorías da base do Club Adas do Barco, do Club Atletismo Rúa, das Escolas Deportivas Municipais de Trives e do CEIP Bibei de Viana do Bolo.
Na proba participaban as categorías infantil, benxamín, e alevín. Esta competición foi organizada pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia. O control da mesma estivo en mans do Comité Valdeorrés de Xuíces da federación galega.
Fotos: Carlos G. Hervella.