Foi nunha saída de vía que se producía á altura da Ponte da Cabalar pasadas ás once da noite de onte
Con apenas unha semana de diferente, a estrada OU-536 volve ser escenario dun novo accidente de tráfico ao seu paso polo municipio de Trives. Pasadas ás once da noite do mércores 19 de xuño producíase unha saída de vía á altura da Ponte Cabalar.
Como resultado do sinistro resultaba ferido un home. Ata o lugar do accidente desprazábanse de inmediato os membros de Protección Civil da Pobra de Trives, o camión de bombeiros de Trives, o GES de Castro Caldelas, así como a Garda Civil de Trives e o 061. O ferido foi trasladado ao Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.
Fotos: Protección Civil de Trives.