Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Presentación da candidatura do PP en Trives

O seu cabeza de lista, Jesús Prieto, asegura que o seu obxectivo principal é “defender Trives”
Os membros da lista do PP en Trives, con Manuel Baltar na presentación da candidatura./ Foto: Carlos G. Hervella.
Os membros da lista do PP en Trives, con Manuel Baltar na presentación da candidatura./ Foto: Carlos G. Hervella.

Transparencia e traballo, diálogo, rigor e responsabilidade, ideas e ilusión, verdade, estabilidade e servizo a Trives. Para o candidato do PP á alcaldía de Trives, Jesús Prieto Pérez, estas serán as características do seu futuro goberno municipal. Así o adiantaba na presentación da lista que encabezará nas vindeiras eleccións municipais de maio. O acto tiña lugar na tarde do 21 de abril no Hostal La Viuda da vila trivesa. Ademais Prieto recalcaba que “se algo temos claro, e algo defenderemos por riba de todo, é o obxectivo primordial do noso programa: Trives”.

O candidato do PP á alcaldía trives, Jesús Prieto, saudando a Manuel Baltar./ Foto: Carlos G. Hervella.
O candidato do PP á alcaldía trives, Jesús Prieto, saudando a Manuel Baltar./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ademais desvelábanse os nomes do resto da candidatura, formada (do número 2 ao 11, respectivamente) por: Agustín Rodríguez Rodríguez, Sergio de Prado Agudo, Santiago Álvarez Domínguez, Sonia García Pérez, Simón Rodríguez Domínguez, Tomás Vega Rodríguez, Higinio Guerra Fernández, Pío Domínguez Rodríguez, Álvaro Mario Álvarez Prieto, Gustavo Macía Estévez. Ademais hai seis suplentes.

O acto tamén contaba coa asistencia do presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, quen incidía en que “a 33 días das Eleccións Municipais, a única forza política que é capaz de garantir gobernos estables e de futuro nos concellos é o PP de Ourense”.

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, intervindo no acto./ Foto: Carlos G. Hervella.
O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, intervindo no acto./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button