CulturaCulturaMúsica

O reggae inundará Parada de Sil na “Sound System no Mao” por segundo ano consecutivo

A cita terá lugar este domingo 7 de xullo a partires das 17:00h. na Fábrica da Luz

Parada de Sil acollerá este domingo 7 de xullo a segunda edición o “Sound System no Mao” nas instalacións de A Fábrica de Luz. O cartel está composto de distintos artistas chegados de diferentes partes do mundo como Londres, Xamaica, España ou Francia. Así, a localidade ourensá encherase de música reggae e ademais os asistentes poderán desfrutar da natureza e o entorno.

 

Cartel.

 

O concepto de sound system xurdiu na cidade xamaicana de Kingston nos anos 50. Os DJ´s solían montar festas na rúa con xeradores, tocadiscos e altavoces xigantes. Así, a escena de sound system está considerada como un dos elementos cruciais no desenvolvemento da música xamaicana moderna. Ademais, foi precursor de estilos como o ska, rocksteady, reggae e dub. A emigración trouxo consigo esta cultura a Gran Bretaña, a cal quedou instalada dende os anos 70.

Texto: Alba Prada.

Artigos relacionados

Back to top button