A concentración motorística Os Esquíos que recorre nestas datas a comarca vai incrementando seguidores ano tras ano. Tras 15 edicións, de novo volven a reunirse centos de motoristas que, disfrutando da compaña, dos eventos e, sobre todo, da comida, este ano xa chegaban ó máximo de 400 inscripcións para o sábado o día anterior, e o mesmo sábado tiveron que deixar fóra a 60 por pasarse do límite.
A noite do 13 de xullo Trives cheiraba a gasolina e motor grazas á exhibición de destrezas de Corredoira Stunt, de O Poio (Pontevedra), como parte do programa da concentración moteira. O grupo, formado pola parella Miguel Corredorira e Anahí Solla fixo vibrar a todos os presentes cun especatáculo acrobático de motos e car cross. En primeiro lugar, saíu Miguel coa moto, e dende o inicio deixou claro que era él quen dominaba á máquina. Seguiulle Anahí co car cross e os dous demostraron capacidade e control sobre os seus vehículos con numerosas acrobacias que facían corear aos espectadores.
Posteriormente tivo lugar o concerto do grupo “Gintonis”, que repiten un ano máis despois do éxito do pasado, como parte tamén do programa ofrecido por Os Esquíos. O día seguinte reuniríanse de novo para unha gran comilona, da que gozaron centos de moteiros.
Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos
Fotos: Carlos G. Hervella