En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Oval (Rubiá) réndese, un ano máis, á Convivencia Nas Adegas

Esta celebración tiña lugar na tarde-noite de onte, 17 de agosto, ás 20:00 horas

 

 

Unha edición máis da Convivencia Nas Adegas de Oval (Rubiá) tiña lugar na tarde-noite de onte, 17 de agosto. Así, dende as 20:00 horas, unhas 1 500 persoas desfrutaron desta XI edición da celebración.

O viño e os diferentes pinchos estiveron acompañados de música, da man da charanga Os Imparables, a cal fixo un percorrido polas doce adegas abertas. Os pinchos foron dende a tradicional empanada ou embutido ata máis elaborados como carne á prancha ou panceta.

 

 

Así, as tradicionais cuncas de barro enchéronse cos diferentes viños ata as 23:00 horas aproximadamente, xa que comezaba a disco móbil Boa Festa e tocaba que os traballadores das adegas tamén desfrutaran da súa festa. A música e a festa prolongánbase ata altas horas da madrugada na praza do pobo.

 

 

Máis fotos en: https://osil.info/a-ix-convivencia-nas-adegas-de-oval-rubia-en-imaxes/

Texto e fotos: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button