Nas proximidades do polígono da Raña (O Barco) rexistrábase nesta mañá de 5 de setembro un pequeno incendio. De inmediato trasladábanse ata o lugar un camión motobomba así como unha brigada e un axente forestal, ademais da Policía Local do Barco. O lume quedaba controlado ás 12h. e, posteriormente, apagado.
Moi preto dalí, en Arcos (Vilamartín de Valdeorras) tamén se rexistraba outro pequeno incendio que era rapidamente sofocado.