A asociación Disvalia do Barco de Valdeorras vén de recibir unha doazón de 3.000 euros da Fundación Roviralta de Barcelona, polo seu proxecto: “Adquisición de axudas técnicas, para préstamo, a persoas necesitadas”.
A beneficiaria da aportación económica foi unha das socias do colectivo de persoas con discapacidade, Lidia F. A., para a adquisición dunha cadeira de rodas eléctrica, “que o Sergas lle denegara, malia a súa enfermidade dexenerativa”, explican dende Disvalia asegurando que, a calidade de vida de Lidia ten mellorado notablemente e non dubidou en celebralo o pasado 4 de outubro na festa do VIII aniversario da asociación á beira do río Sil, no Barco de Valdeorras.