Unha semana despois do Corpus Christi, a parroquia de Viloira no Barco de Valdeorras acollía os actos da Octava do Corpus. Unha celebración que veciños e visitantes festexaban do 13 ao 15 de xuño con actividades para tódolos públicos centradas no baile na praza, os xogos para nenos e a procesión sacramental.
O domingo 14 de xuño pola mañá o programa centrábase na eucaristía e a posterior procesión sacramental, que puido celebrarse nunha tregua das chuvias, polas rúas da localidade. Nela participaban os nenos que uns días antes recibían Primeira Comunión.
Fotos: Ángeles Rodríguez



