Arredor da seis da mañá deste domingo 24 de novembro producíase un accidente de tráfico en pleno centro do Barco. O suceso tiña lugar na rúa da Estación cando un vehículo que circulaba por ela chocaba contra outro que estaba aparcado, sen que houbese que lamentar danos persoais.
Ata o lugar desprazábase de inmediato a Policía Local do Barco.
Fotos: Torfy.