En portadaÚltima hora

Alerta laranxa por neve nas montaña da provincia de Ourense

Foto: Carlos G. Hervella.

Dende a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior vén de activarse a alerta laranxa por neve nas montañas das provincias de Ourense e de Lugo, tendo en conta as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) que informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por neve que afectará a partir das 9h. do luns 16 de decembro e que se manterá ata a medianoite dese día.

Espérase unha acumulación de neve de ata 20 cm en 24 horas e que a cota de neve baixe en torno a 600 metros, se ben as acumulacións de 20 cm serán por riba de 1000 metros, segundo a AEMET.

 

Artigos relacionados

Back to top button