Ao ritmo da canción de Manuel Carrasco Que bonito es querer, interpretada polos alumnos do colexio, o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas, do Barco de Valdeorras, felicita o Nadal a toda a comunidade educativa.
Trátase dun vídeo gravado por cursos no que os estudantes cantan e incluso tocan algún instrumento. Unha orixinal e bonita forma de felicitar as festas que pode verse a través do seguinte enlace:
https://www.facebook.com/ceipjuliogurriaran/videos/2630799160539760/