ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco organiza un curso de instalación de mobles e outro de “atención sociosanitaria a persoas dependentes”

O número de prazas para o alumnado é limitado, con un máximo de 15 persoas por curso, e nestes momentos aínda quedan 2 prazas para o de instalación de mobles

Exterior da Casa Consistorial do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco de Valdeorras organiza dous cursos, un de instalación de mobles e outro de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, ambos con certificado de profesionalidade de nivel 2.

“Trátase de cursos totalmente gratuítos, dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas, anotadas na Oficina de Emprego, e están subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria”, segundo informan dende a administración local.

O número de prazas para o alumnado é limitado, con un máximo de 15 persoas por curso, e nestes momentos aínda quedan 2 prazas para o de instalación de mobles.

Os requisitos de acceso do alumnado son os seguintes: estar en posesión da ESO, estudos superiores, ou estar en posesión das competencias clave de nivel 2 de matemáticas, galego e lingua castelá.
As persoas que estean interesadas en realiza-lo curso poden acudir ó Concello Vello do Barco (Praza do Concello, 1), onde se lles facilitará todo tipo de información ó respecto.

Artigos relacionados

Back to top button