Máis de 400 deportistas participaban esta fin de semana na primeira proba da 29ª edición da liga galega de orientación a pé disputada no monte Segade, en Lugo e organizada polo Club Fluvial de Lugo.
Tal como explican dende o club valdeorrés que participaba con nove orientadores, o mapa do monte lucense caracterízase pola súa dificultade técnica e física, o que fixo que os tempos dos gañadores en cada categoría fosen algo maiores do habitual para unha carreira de distancia media.
Deste xeito comezaban a tempada os deportistas do club do Barco sumando catro podios: Lúa González Durán era 3ª en F12; Mailén Aller Pfirter, 3ª en F16; Remedios Durán Pernas, 3ª en F50; e Xan Mariano Trigo Recarey; 1º en M50.
A segunda proba da liga celebrarase o vindeiro 14 de marzo en Betanzos organizado polol Club Pasatempo.
Fotos cedidas