Expourense acollerá o vindeiro domingo 23 de febreir o evento máis destacado da tempada de pista cuberta: o XXXV Campionato Galego Absoluto de Pista cuberta. Nel competirán 156 homes e 185 mulleres. Entre as atletas inscritas estará a vilamartinesa Eva Arias Aira, que correrá na proba dos 1.500 m.
Unha das principais rivais desta valdeorresa, que viste as cores da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, será Leticia Fernández, do Valencia Atletismo, bronce no galego de campo a través.
Dentro da representación ourensá tamén estará Alex Fernández do Ourense Atletismo, que “ensaiará nos 3.000 m. o que será a súa actuación no nacional unha semana despois”, segundo a Federación Galega de Atletismo (FGA).