OurenseÚltima hora

Unha quincena de perruquerías e centros de estética de Barbadás abriron de novo as portas

A Concellería de Comercio entregou nestes establecementos 400 mascarillas cirúrxicas e 5 pantallas antisalpicaduras

 

Dende onte, luns 4 de maio, un total de 16 perruquería e centros de estética abriron de novo as portas ao público na Valenzá, seguindo as directrices de seguridade marcadas polas autoridades sanitarias.

Operarios municipais da brigada de obras procederon á desinfección das inmediacións dos establecementos e, dende a Concellería de Comercio entregáronse nestes establecementos 400 mascarillas cirúrxicas para aquelas persoas que acudan a estes lugares e as esqueceran ou as teñan desgastadas. Tamén se entregaron 5 pantallas antisalpicaduras.

Ademais das perruquerías e centros de estética (Peluquería Roberto; M&P Peluquería; Berta Feijoo Peluquería; Shinyu Estetica; Peluquería M&A; Claudia Nails & Beauty; Peluquería Maria Bolaño; Peluquería A nena das tesoiras; Peluquería Paula Diéguez; Y yo con estos pelos: Idunna; Hair Colors; Perruqueria C Dominguez; Esencia Zen; JM Peluquería; Peluquería Lorena Rodríguez), tamén abríu Reparación de calzado Juan.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button