A sala de concertos “A Arca de Noe”, no concello ourensán de Vilar de Santos, celebra o seu sexto aniversario o vindeiro 1 de agosto. Para celebralo, a sala ten previsto unha axenda de diversas actividades culturais e gastronómicas que darán comezo ás 13:00h na carballeira do Espazo Carabuíñas.
As entradas deberán reservarse antes do 30 de xullo e terán un prezo estándar de 10€ con desconto de 5€ para nenos. O pase inclúe comida, unha bebida e o acceso ao recinto e pódense reservar xa no Facebook da sala (https://www.facebook.com/ArcaDaNoe/) ou contactando vía WhatsApp ao teléfono 699486282. A organización velará polo cumprimento de todas as medidas hixiénico-sanitarias, froito da pandemia do coronavirus.
Programa de actividades
13h Foliada con vermú.
15h Comida: cusus con opción vegana e hamburguesas de cogomelos.
17h Contos con Raquel Queizás e raposadas para nenos.
19h Concerto de As Xingras da Arca.
20h Concerto de Tiruleque.