Extinguido o incendio forestal de Vilarmeao (Viana do Bolo) que vén de calcinar aproximadamente a 24 hectáreas, todas elas de monte raso, segundo a Consellería de Medio Rural. Así, para o control deste lume mobilizáronse en total 7 axentes, 11 brigadas, 9 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.
Ademais, tamén está controlado o lume de Raigada (Manzaneda). Segundo as últimas estimacións de Medio Rural, rolda as 20 hectáreas de superficie. No lugar lévanse mobilizado 1 técnico, 4 axentes, 18 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.