Historias de superación da desigualdade, entre canción e canción, con toques de humor, teatro e moitos valores. Paco Cerdeira presentaba o seu espectáculo “Rockeamos todos con Pakolas”, no mediodía deste xoves 3 de setembro na praza Andrés de Prada da vila.
A Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco retoma en setembro a súa programación cultural cunha singular proposta de Paco Cerdeira que fusiona rock, teatro, humor e valores. Trátase do espectáculo “Rockeamos todos con Pakolas”.
Esta proposta formativa, organizada dende a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco e dentro do programa “Ler conta moito”, estaba dirixida, principalmente a nenos e nenas de 3 a 11 anos, que acudían acompañados dos seus pais e nais.
No decurso da función, de forma alegre e moi dinámica, os rapaces aprendían a ritmo rockeiros o valor e a importancia de poder medrar e vivir na igualdade. Había tamén un agradecemento en forma de aplauso para o persoal da biblioteca barquense.
O espectáculo desenvolvíanse ao aire libre e respectando as medidas de seguridade. Ademais a Policía Local regulaba o tráfico na zona, xa que se cortaba parcialmente a rúa Academia Dequidt, á beira da praza Andrés de Prada.
Fotos: A.R.