Os casos de coronavirus van pouco a pouco descendendo na comarca de Valdeorras. Así ocorre en concellos como O Barco con 31, Petín con 4 ou Larouco con outros 4.
Tamén na Rúa se reduciron o número de postivos quedando neste luns 2 de novembro en 13, 1 menos que o venres, aínda que este concello continúa en nivel de alerta 1 (amarelo) polo índice de casos detectados nos últimos 7 días, segundo os datos facilitados dende a Consellería de Sanidade.