ConcellosÚltima hora

Os positivos por coronavirus nos centros escolares do Barco soben a 5, dous máis que onte

Tras varios días sen casos, o IES Martaguisela conta con 1 novo positivo

Entrada do IES Martaguisela. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Aínda que lixeiramente, mantense a tendencia ascendente no número de casos activos de Covid-19 nos centros educativos no Barco de Valdeorras, que suman un total de 5, dous máis que onte.

O IES Lauro Olmo conta con 2 positivos, un máis que onte e tras semanas sen casos, o IES Martaguisela regresa neste 19 de novembro á listaxe da Xuna con 1 positivo. A Escola Infantil Los Juglares mantán 1 caso activo e o CEIP Otero Pedrayo outro.

O resto de centros escolares da comarca de Valdeorras permanence, unha xornada máis, libre de coronavirus.

Artigos relacionados

Back to top button