Neste martes 8 de decembro vén de desenvolverse dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco un cribado poboacional de Covid-19 na busca de asintomáticos e co obxectivo de coñecer o grao de transmisión neste municipio. Facíase no pavillón polideportivo, entre as 10h. e as 18h. Das 930 persoas citadas para realizar a proba PCR, acudían un total de 733, o que supón un 78,8% de participación, segundo a Consellería de Sanidade.
Para a realización deste cribado contábase coa colaboración do Concello de Sarreaus, de Protección Civil e da Garda Civil. Dende o Sergas amósase o seu agradecemento pola resposta da veciñanza e tamén ao Concello.
Fotos cedidas.