Continúa a programación infantil do Nadal no concello da Rúa. Dende hoxe e ata o día 7 de xaneiro, estará instalado na pista central do pavillón municipal Victorino Núñez, un completo parque de inchábeis adaptados a diferentes idade; e tamén unha pista de patinaxe.
O horario será de 11 a 13:30 e de 16 a 20 horas, con entrada de balde, a excepción do domingo día 5 que abrirá sí de mañá e o luns día 6 unicamente de tarde.
Fotos: Mónica G. Bellver.



