O Mosteiro de San Salvador de Celanova acollía, na mañá do 17 de outubro, o XVI encontro provincial de voluntariado de Cruz Vermella, no que participaron unhas 150 persoas de toda a provincia.
No acto institucional celebrado no salón de actos, 20 personas recibieron un recoñecemento polo seu labor voluntario, implicación e entrega nas diferentes asembleas de Cruz Vermella na provincia de Ourense. Ademais, o expresidente da asemblea comarcal anfitriona, Antonio Veiga, recibiu unha homenaxe “polo seu traballo e entrega á institución da que forma parte desde 1992”, explican dende Cruz Vermella Ourense, sendo merecedor das Medallas de Prata e de Ouro en 2009 e 2014.
Na súa intervención, o presidente provincial, Felipe Ferreiro adicou unhas sentidas palabras ao recentemente desaparecido Jesús Barros, quen nos últimos anos exercía as funcións de vicepresidente provincial: “foi un referente para todos, e un bo amigo, alma da Cruz Vermella na Gudiña e Verín. A súa impronta quedará para sempre. A súa bonhomía e a súa vitalidade, no traballo e na vida persoal, é o seu mellor legado”, dixo.
No acto tamén se presentaron aos novos presidentes comarcais, entre eles o anfitrión, Amadino Pereira, presidente da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Terras de Celanova; Pilar Vega da Asemblea de Viana, Conso-Frieiras; María del Carmen Sobrino da Asemblea de Monterrei; e Antonio de la Peña, da Asemblea do Ribeiro. Continúan como presidentes, Maximino Alonso Alejandre en Valdeorras, Antonio Fernández en Maceda e Modesto Ojea en O Carballiño.
Fotos: Cruz Vermella Ourense



