Está pensada para nenos, pero tamén para adultos. Neste Nadal novamente O Barco contará cunha pista de patinaxe de xeo sintético que se instarlá do 23 ao 29 de decembro na praza do Concello cun horario de 11h. a 13:30h. e de 16 a 20:30h. Ademais ao mesmo tempo haberá un parque de xogos con inchables no interior do pavillón vello. Nesta ocasión establecéranse quendas de 30 minutos.
Esta iniciativa forma parte do programa de actividades de Nadal que vén de dar a coñecer o Concello do Barco.