
Paulatinamente seguen subindo os casos activos de coronavirus no municipio da Rúa que na xornada deste venres 18 de decembro, rexistra un total de 40, dous máis que onte e tres máis que o mércores, segundo os datos da Consellería de Sanidade.
Así o confirma o alcade deste municipio valdeorrés Álvaro Fernández, asegurando que este aumento no número de casos nesta semana vén do traballo feito polos rastrexadores. “Parece que son contactos estreitos de casos xa coñecidos”, puntualiza.
Con respecto aos novos casos diagnosticados por PDIA nos últimos 14 días, a cifra ascende a 39, manténdose a incidencia acumulada para o concello en >250.



