A segunda equipación do equipo que milita en 1ª autonómica levará a imaxe do produto limiao
O Piñeira Seca FC, equipo de fútbol que milita en primeira autonómica, quere facer unha homenaxe aos agricultores da Limia ao promocionar nas súas camisetas o cultivo por excelencia da comarca: a pataca, logrando que “este ansiado cultivo se pasee pola provincia”, segundo Amador Díaz, presidente do equipo de fútbol de Xinzo de Limia.
Despois de once xornadas disputadas, o domingo 22 de novembro ás 16:15h. o conxunto limiao recibirá en casa ao CD Allariz.