ConcellosÚltima hora

Xornada de estabilidade nos casos de Covid en Valdeorras con 47 positivos, os mesmos que onte

Baixa a incidencia acumulada no Barco e en Rubiá

Imaxe do Paseo do Malecón do Barco.

 

Nova xornada de estabilidade no número de casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras, que se mantén con 47 positivos, os mesmos que onte, segundo comunica o Sergas neste sábado 17 de abril.

No caso do Barco rexístranse 23 casos activos, os mesmos que onte aínda que a incidencia acumulada para este concello baixa e sitúase entre >75 e ≤ 125 a 7 días, e entre >150 e ≤250 a 14 días, segundo a Consellería de Sanidade.

Carballeda de Valdeorras mantén tamén o número de casos dos últimos tres días, é dicir 17, mantendo tamén a incidencia a 14 de días de máis de 500, mentres que é de menos de 250 nos últimos 7 días, segundo a Consellería de Sanidade.

A Rúa mantén 3 casos activos, igual que onte, así como a incidencia acumulada a 7 días de >25 e ≤75 e a 14 días de >50 e ≤150. Rubiá continúa tamén con 3 casos activos de coronavirus pero baixa considerablemente a incidencia acumulada a menos de 10 a 7 días e máis de 150 e menos de 250 a 14 días. Finalmente Petín mantén 1 caso cunha incidencia acumulada a 7 días de >75 ≤125 e a 14 días de >50 e ≤150. Todos, datos facilitados por Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button