Descenso, por segundo día consecutivo, nas cifras de casos activos de coronavirus en Valdeorras. A comarca rexistra 32 casos activos neste 30 de maio, 3 menos que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.
No caso do Barco de Valdeorras hai 27 casos activos, 3 menos que onte, cunha incidencia acumulada para este concello a sete días de >75 e ≤125. Esta incidencia mantense en >150 e ≤250 a catorce días.
Os datos mantéñense na Rúa, con 4 positivos, e en Vilamartín de Valdeorras con 1 positivo. O resto dos municipios da comarca continúan libres de virus.