Mantense á tendencia á baixa nos casos activos de Covid-19 no Barco, aínda que forma máis leve nesta xornada. Segundo os últimos datos feitos públicos polo Sergas neste 2 de agosto (actualizados ás 18h. de onte), son 120 os casos activos de Covid-19 rexistrados neste municipio, o que supón 2 menos que onte.
A incidencia acumulada no concello sitúase nos últimos 7 días en >250, mentres que nos útimos 14 días está en >500, segundo a Consellería de Sanidade.