CulturaCulturaÚltima hora

Con “O Alemán” ábrese a tempada de outono no Teatro Lauro Olmo do Barco

Ademais o 23 de setembro terá lugar a charla "Vaya óso: o científico e o seu método" no edificio multiusos do Barco

Imaxe de “O Alemán”.

 

Cunha peza con vocación experimental, “O Alemán” abrirase o vindeiro venres 24 de setembro ás 20h. a tempada teatral de outono no Teatro Lauro Olmo do Barco. Esta obra está escrita, dirixida e interpretada por Diego Anido e orbita sobre a idea do Sacrificio a través do absurdo cotián.

Durante os seus 50 minutos de duración mergullará ao espectador na rutina angosta dun personaxe a partir dunha linguaxe que se nutre dunha formación multidisciplinar en artes escénicas. No “Alemán” Anido parte da data de caducidade dun iogurt para mostrarnos unha realidade deformada onde este dato aparentemente intranscendente convértese no escollo causante da acción.

“Ciencia no Camiño”

Por outra banda, tamén nesta semana terá lugar o 23 de setembro (ás 19:00 horas) no Salón de actos do Edificio Multiusos a charla “Vaya óso: o científico e o seu método”, impartida por Sergio Castro (Profesor10deMates). É unha das cinco paradas de “Ciencia no Camiño”, o primeiro ciclo de divulgación científica no Camiño de Santiago. Organizado pola “Fábrica de Luz. Museo da Enerxía”

Sergio Castro embarcouse no proxecto “Profesor10 deMates” na súa canle de Youtube (https://youtu.be/bywAdCusreQ ) fai xa máis de catro anos, tras unha intensa experiencia como docente ensinando matemáticas, física e química.

 

Artigos relacionados

Back to top button