En portadaÚltima hora

A locomotora de castañas do CCA instálase na praza do Concello do Barco

A asociación inicia neste xoves unha singular campaña baseada na tradición do Magosto e na que se intercambian castañas asadas por tíckets de compra

 

Recén asadas, quentiñas e saborosas. Nun cucurucho de papel recollían xa dende as 10h. desta mañá castañas asadas os clientes dos establecementos do Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco a cambio dos tíckets de compra na praza do Concello da vila. Deste xeito arrancaba neste xoves a nova campaña do CCA, que busca “poñer en valor a tradicional festa do Magosto e ofrecer aos clientes unha campaña nova e atractiva”, asegura a entidade.

Esta iniciativa consiste na instalación dun carriño ou locomotora de castañas asadas na céntrica praza do Concello, onde os clientes poderán intercambiar tíckets de compra dos establecementos asociados por un cornete de castañas asadas, totalmente gratis.

O Magosto Obarcoaberto do CCA O Barco celebrarase durante os seguintes días e horas:

Xoves 21 de outubro, de 10:30 horas a 13:30 horas
Venres 22 de outubro, de 17:30 horas a 20:30 horas
Sábado 23 de outubro, de 10:30 horas a 13:30 horas

Os clientes só entregarán tíckets actuais, é dicir, de compras realizadas durante a celebración da campaña; e poderán presentar como máximo dous tíckets ao día.

Fotos da galería: A.R., agás as dúas últimas que son de Javier Brasa.

 

Foto: Javier Brasa.

 

Back to top button