A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento en Galicia nas últimas horas dunha persoa que fora diagnosticada por coronavirus. Trátase dun home de 81 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense. Esta persoa, que falecía o 25 de outubro, presentaba patoloxías previas.