Os máis pequenos convertíanse en protagonistas dunha exitosa celebración do Samaín promovida polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) na praza do Concello do Barco. Logo dunha intensa xornada de diversos e divertidos talleres, os nenos desfrutaban do espectáculo de maxia “Feixes e ilusións” de Martín Camiña e Fani Triana ás 19:30 horas. O aforo estaba limitado a 100 persoas e non será precisa inscrición previa.
Fotos: A.R.