CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Contos de medo ao son de Rilo&Penadique, no Barco

 

Coa escuridade soamente rota por unha lene luz, Vero Rilo ía debullando contos de medo, deses de antes de ir durmir, na praza do Concello do Barco na tardiña deste 31 de outubro. A súa voz falaba de personaxe tradicionais temidos, acompañada polo son acordeón de Sonsoles Penadique.

Con esta actuación de narración oral e música para público familiar, titulada “Historias con susto para dumir a gusto” festaxábase o Samaín neste domingo no Barco nunha carpa instalada para evitar a chuvia.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button