Víctor Manuel Pérez dará unha charla o venres 12 de febreiro ás 20:15 horas
Mañá, venres 12 de febreiro ás 20:15h. o Ateneo de Ourense acollerá a conferencia “Asteroides cercanos a la Tierra. Vigilando asteroides desde Ourense”.
O encargado de impartir a charla será Víctor Manuel Pérez Vázquez, presidente da Asociación Educativa “Observatorio Astronómico el Mirón del Cielo”, e membro de Minor Planet Center da Unión Astronómica Internacional. Víctor é ademais membro da American Asociatión of Variable Stars Observers e colabora con Radio Meteor Observers Boulletin.