O plan era aprobado inicialmente polo pleno de Vilariño o pasado 9 de febreiro
Ao longo de dous meses someterase a exposición pública o Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Vilariño de Conso. Así se indica no anuncio publicado polo Diario Oficial de Galicia (DOG) do 2 marzo. O plan era aprobado inicialmente na sesión plenaria do pasado 9 de febreiro.
No anuncio tamén se informa de que “o expediente completo poderá ser examinado nas oficinas municipais e o acordo de aprobación inicial e o documento aprobado, ademais, na páxina web do concello: www.vilarinodeconso.es“.