Boas novas no Rally Científico e Matemático 2022 para o IES Martaguisela do Barco, con dous grupos clasificados para a fase final galega que terá lugar este venres 1 de abril, na facultade de química en Santiago de Compostela.
O equipo de 3º da ESO B, coordinado polo profesor Domingo Rodríguez Fernández e formado por India López, Sandra Mallo, Alejandro Martínez, Diego Nogueiras, Pablo Núñez, Jairo Núñez, Diego Rodríguez e Santiago Sánchez, clasificouse entre os tres mellores de Galicia na categoría de matemáticas de 3º da ESO e competirán por estar na final de Toulouse (Francia), co equipo do CPR Sagrado Corazón de Placeres e co do IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao de Cervo.
Pola súa banda o equipo de 4º da ESO A, coordinado pola profesora Carlota Álvarez Álvarez, e formado por Óscar Arias, Hugo Díaz, Martín Fernández, David López, Carlos Mariñas, Biel Moral, Miguel Ortiz e Manuel Prada, clasificábanse entre os tres mellores de Galicia na categoría de física e química de 4º da ESO e competirán co equipo do CPR Nª Sª de los Remedios de Santiago e co do IES Auga da Laxe de Gondomar.