Rozando ás 13h. deste domingo 2 de outubro un posible escape de gas na céntricasgalería comercial que une a avenida Conde Fenosa do Barco co Paseo do Malecón alertaba aos servizos de emerxencias. Os primeiros en desprazarse ata o lugar era a Policía Local xunto cos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, despois chegaban dous camións de bombeiros do parque comarcal.
Comprobábase que se trataba dun pequeno de escape de gas dun dos locais baleiros da galería. A intervención para controlalo definitivamente continuaba pola tarde, arredor das catro, de novo desprazábanse ata o lugar a Policía Local, o GES de Valdeorras, os bombeiros e tamén 061-Urxencias Sanitarias.



