ConcellosO BarcoÚltima hora

Unha foto tomada no Barco en 1978 ilustra a mostra sobre os 50 anos de Fuxan os Ventos

A instantánea foi realizada polo fotógrafo Francisco Sandiás "Pancho"

 

O vindeiro 22 de outubro está prevista a inauguración na Vella Cárcere de Lugo da exposición Fuxan os vento, 50 anos de historia. O cartel anunciador desta mostra está ilustrado cunha fotografía tomada en 1978 por Francisco Sandiás “Pancho”, nun concerto que este grupo daba no barrio barquense das Casas Baratas.

A data da inauguración da exposición coincide cos 50 anos do seu primeiro concerto, alá por 1972 no III Festival das San Lucas de Mondoñedo. Medio século despois a mostra pretende lembrar unha das agrupacións máis emblemáticas da música galega a través de material moi diverso: fotografías, carteis, instrumentos, poemas, partituras, audios inéditos…

 

Imaxe tomada por Francisco Sandiás “Pancho” no concerto de Fuxan os Ventos nas Casas Baratas e que se usa no cartel da mostra.

 

A partir deles os visitantes poderán percorrer a cronoloxía e o mundo creativo do grupo, nunha exposición que, ademais, conta coas achegas de múltiples persoas e entidades culturais do país. “Fuxan os Ventos” poderá visitarse ata o 22 de xaneiro.

A imaxe escollida polo grupo para esta mostra polo seu 50 aniversario é da autoría do fotógrafo barquense Francisco Sandiás “Pancho”. Tanto esta instantánea como a que amosamos tras estas liñas, da mesma actuación, están incluídas no catálogo da exposición “Catálogo das pequenas cousas”, promovida polo Concello do Barco en novembro de 2012.

 

Outra das fotos que Francisco Sandiás “Pancho” realizaba durante o concerto.

Artigos relacionados

Back to top button