PolíticaÚltima hora

Acto conmemorativo no Barco dos 40 anos da constitución do BNG

 

No marco da celebración do 40 aniversario da constitución do Bloque Nacionalista Galego, o 25 de setembro de 1982 no frontón de Riazor, esta formación política celebraba esta tarde na Biblioteca do Barco un acto conmemorativo.

Nel participaban o concelleiro barquense Suso Vilasánchez, o responsable comarcal do BNG, Roberto Quiroga, a deputada ruesa no Parlamento galego, María G. Albert, e o presidente da Fundación Galiza Sempre, Rubén Cela.

No decurso deste acto presentábase o libro do 40 aniversario do BNG e facíase un recoñecemento a militantes históricos da comarca.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button