ConcellosO BarcoÚltima hora

Colorida festa infantil para celebrar o ‘Halloween’ no Casino do Barco

 

Moi especial está sendo a xornada deste luns 31 de outubro no Casino Barco, con motivo da celebración da ‘Halloween Party’. Pola tarde, de cinco a oito, uns 40 nenos participaban na festa infantil na que ademais de moita música e disfraces, unha animadora pintaba a todo aquel que o desexaba (teas de araña, caras de pallaso,…) pasando unha divertida e animada sesión. E xa pola noite é o turno dos adultos cunha cea amenizada por dj’s.

 

 

Esta é unha das actividades organizadas pola Asociación Casino do Barco só para socios.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button