
Conta atrás para unha das citas populares de outono en Valdeorras. As rúas do Barco converteranse neste domingo 6 de novembro en escenario da 14ª Carreira Popular dos Santiños. Esta proba, incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo, comezará ás 11h. con saída dende o pavillón de Calabagueiros.
Despois, os atletas seguirán un circuíto (ao que darán unha ou dúas voltas, segundo as categorías) que irá pola rúa Río Mariñán, Barco de Ávila, Paseo do Malecón, rúas Coruña e Calabagueiros, situándose a súa meta no pavillón de Calabagueiros.
Tamén haberá carreiras para as categorías base nas pistas de atletismo de Calabagueiros. Esta nova edición da Carreira Popular dos Santiños será organizada polo Club Adas Cupa do Barco coa colaboración do Concello e da Delegacióni Valdeorresa da Federación Galega de Altetismo. A proba será ademais controlada por xuíces da federación galega.



