OurenseÚltima hora

Aberto o prazo para inscribirse na VI edición da proba cicloturista ‘Ourense Strade Termal’

Un dos cicloturistas participantes na V ‘Ourense Strade Termal’.

 

A VI edición da ‘Ourense Strade Termal’ que organiza o Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, vén de abrir o prazo de inscrición.

Os cicloturistas apaixonados do sterrato terán unha nova cita ineludible coa provincia de Ourense o vindeiro 16 de abril con esta nova edición da proba que levará aos deportistas a descubrir fermosas paraxes da Baixa Limia, concretamente, pertencentes aos concellos de Lobios, Entrimo, Lobeira, Bande e Muíños. Ademais, como cada ano a ‘Strade Termal’ cruzará a fronteira para chegar a Tourem (Cámara Municipal de Montalegre).

A competición, que está dentro do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo, conta con dous percorridos: o gran fondo de 118 quilómetros e con máis de 2.000 metros de desnivel; e un mini fondo de 75 quilómetros con 1.200 metros de desnivel acumulado. Dúas distancias que terán como novidade nesta edición que será a que conte con máis “sterratos”, 6 en total que sumarán máis de 12 km de zonas de terra compactada. A saída e a chegada da proba estará situada no no Balneario Lobios Caldaria situado en Riocaldo (Lobios).

Os interesados en participar nesta emblemática proba poderán facelo a través do seguinte enlace: https://www.deporticket.com/web-evento/7914-marcha-cicloturista-ourense-strade-termal.

Artigos relacionados

Back to top button