Veñen de concluír as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable do Concello de Larouco, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros. A titularidade das novas infraestruturas hidráulicas foron entregadas hoxe ao Concello.
Con esta intervención asegúrase un subministro de auga de calidade mediante a instalación dun equipo de medición da turbidez que axusta o volume de auga que se envía aos filtros para darlles tempo a realizar a súa función de forma correcta.
Substituíronse as bombas en baixa, dado a súa antigüidade, por unhas de baixo consumo e alto rendemento mediante sistema de variador de frecuencia, de alternancia e de xestión de alarma. Tamén se mudaron os filtros da planta para garantir a calidade da auga cara aos depósitos de cabeceira, segundo informa a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.